
Concello de Castroverde
XIII Feira de Artesanía e Gastronomía
12 Agosto 2018
Castroverde
A talla ou escultura en madeira é unha arte que representa imaxes.
Na talla de madeira existen dúas técnicas fundamentais para traballar deste xeito. Son a talla directa, ou desbastado e a talla de posta a punto
Se o que che gusta é o pan, non debes perderte a tradicción dos nosos panadeiros. En formato de bolo, bola, rosca… de trigo, de centeo ou mezcla. E en distintos formatos (1kg). Para os amantes do pan, empanadas e doces una cita inesquecible.
A cestería é un proceso de confeccionamiento mediante texido ou arrolamento dalgún material plegable, un recipiente (cesta ou canasto) ou outro artefacto. As persoas dedicadas a este traballo denominanse cesteiros, dos que tamén poderemos disfrutas en castroverde.
A olaría é o traballo con arxila cocida co obxecto de elaborar utensilios tal que potas, pratos, vasos, porróns e moitas outra pezas.
Poderás realizar un obradoiro con oleiros que nos visiten, desfrutar da súa presenza, ver como traballan ou comprar as súas pezas. Imperdible .
Tamén poderemos ver un desfile de moda con coleccións de Estefanía Pérez, Craft&Tea, Tina Cortón e commplementos comestibles, de La Postrería de Noe. Intervención do multidisciplinar Lomarti.
Desfile de moda presentado por Margot Pardo de Vera.
Por último tamén contaremos con teares, onde poderemos ver os traballos realizados con mimo polas teceiras. Ademirar os detalles das súas pezas con tecidos tradicionais (o liño e a la) e tecidos modernos… en diferentes variedades de puntos con teas finas, tapices, alfombras e roupa do fogar.
Durante todo o día haberá:
- Obradoiros artesanais aos que se poderá acceder a calquera hora do día
- Demostración ao vivo de oficios tradicionais
- Concentración de motos e coches clásicos
Pola mañá realizarán un percorrido pola vila de Castroverde
Celébrase desde 2005 nos pendellos da feira de Castroverde, na área recreativa Veiga do Olmo.
Participan obradoiros artesáns, e veciños da vila. Esta será a edición número IX da feira.
Unha oportunidade única para atopar productos exclusivos da man dos seus autores.
Programa
10:00 horas – Apertura da feira ao público
11:00 horas – Obradoiros artesanais de olaría, cestaría, de latón cerámica, feltro e de instrumentos musicais. Poderase acceder a eles ó longo de todo o día
12:00 horas – Recepción de autoridades e inauguración da feira. Actuación da Asociación Cultural e Musical Zuncurrundullo, de Castroverde. Percorrido polo recinto feiral
12.30 horas – Presentación do libro “El caballero Verde” (Novela histórica do S. XIV ambientada no castelo de Castroverde) a cargo do escritor Ricardo Polín
13:00 horas – Degustación dunha cata de cervexa galega elaborada de forma artesanal, por cortesía de Cervexas Píntega
13.30 horas – Desfile de moda organizado por María Nogueira
– Colección Adeus, Marey by Sergio Marey
– Vestidos e complementos, September Clementina
– Vestiario imaxinario, Cestería Viva-Lola Tourón
– Colección inspirada en Frida Khalo, Fabiolo
14:00 horas – Pregón a cargo do publicista Castroverdense Jose Enrique González Muñoz
14:30 horas – Actuación da charanga Tuba e Dalle, de Rábade. Xantar típico galego
17:30 horas – Actuación musical Leña Verde, de Pol
19:00 horas – Actuación teatral co espectáculo “Duncan de Palleiro” a cargo da compañía Lila Teatro no recinto das piscinas municipais
20:00 horas – Gala de Maxia cargo dos Magos: Pedro Bugarín, Owy e Manuel Lamas, no aparcadoiro das piscinas municipais.
Feira de Artesanía e Gastronomía
FAQs
¿Qué é a Feira de Artesanía de Castroverde?
A Feira de Artesanía de Castroverde é un evento para desfrutar das tradicións, dos oficios de sempre. O cesteiro, o oleiro, o panadeiro, a teceira, etc. Ademáis contará con degustacións gastronómicas e muito máis.
¿Cales son os horarios da feira?
Domingo 14 de Agosto de 10.00h a 21.00h
¿Cál é a ubicación exacta?
Campo da Feira de Castroverde. Ao lado da área recreativa Veiga do Olmo
¿Cómo podo chegar ao evento?
Lat. 43º 01′ 50″ N. Lonx 7º 19′ 30″ O. Pola C-530 Lugo – Castroverde – Fonsagrada Ou pola D.P. 1611
¿Cómo puedo acceder al evento?
Sin entrada e gratuito. Obradoiros sen inscripción previa.
¿Quén pode ir ao evento?
O evento está aberto a todo aquel que esté interesado na artesanía, gastronomía ou modo, por poñer algúns dos exemplos, pero todo aquel que queira facer turismo tamén será benvido.
¿Cómo podo enterarme de todo?
Sigue o evento en #artesaniacv